Burela acollerá o 23 de abril o I Foro de Liderado organizado pola academia A Mariña

TerraChaXa | AMariñaXa
A academia A Mariña organiza o I Foro de Liderado, Motivación Persoal e Profesional, que se celebrará en Burela o próximo 23 de abril.
28 Mar 2019

A academia A Mariña organiza o I Foro de Liderado, Motivación Persoal e Profesional, que se celebrará en Burela o próximo 23 de abril. Trátase dun proxecto pioneiro, que por primera vez se celebra na comarca mariñá. No evento participarán 3 coach de alto nivel, que pertencen ó International Coaching Community. Raquel Hermida, da academia A Mariña, explica que “é a primera vez que veñen a un evento destas características e a esta zona”.

O I Foro de Liderado, Motivación Persoal e Profesional dará comezo ás 16:00 horas coa intervención de Mario López Guerrero sobre Comunicación e xestión do tempo. A continuación Daniel Álvarez Lamas falará sobre Como liderar ese animal chamado equipo. Será ás 17:00 horas. E Marcela Parga pronunciará unha charla sobre Conciliación e rendemento laboral a partir das 18:00 horas. Tras un pequeno descanso chegará o turno para os talleres de comunicación, de motivación no trabajo e de conversacións de alto rendemento, que impartirán os tres expertos que acudirán a este I Foro de Liderado, Motivación Persoal e Profesional.

Raquel Hermida destaca que “este foro está destinado principalmente a persoas que queiran mellorar no seu día a día e no seu traballo: traballadores en xeral, empresarios, docentes, persoas desempregadas, pais, nais, orientadores, estudantes, xestores de equipos. As prazas son limitadas”. As persoas interesadas en asistir deben dirixirse á academia A Mariña no teléfono 982 58 50 98 ou á siguiente dirección de correo electrónico raquel@amarina.org

0.17153000831604