Burela acollerá este sábado unha 'Tarde de Cine e Chocolate'
AMariñaXa
Para participar nesta xornada que será Casa da Cultura é imprescindible confirmar asistencia
9 Jan 2025
Burela acollerá este sábado, 11 de xaneiro, un evento denominado Tarde de Cine e Chocolate.
O Concello de Burela colabora con Cáritas Burela-Cervo-Cordido na organización desta actividade, que inclúe dúas propostas. Ás 17 00 horas proxectarase unha película no auditorio da Casa da Cultura, e ás 19.00 horas terá lugar unha chocolatada na praza de Abastos.
Para participar nesta xornada é imprescindible confirmar asistencia chamando ao número de teléfono 652 150 154.