Burela acolle unha charla sobre O Final da vida e a Lei de regulación da eutanasia

AMariñaXa
Dende o Comité de ética asistencial da Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, preparan unha charla sobre O Final da vida
1 o final da vida regulacion eutanasia burela
27 Xan 2022

Dende o Comité de ética asistencial da Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, preparan unha charla sobre O Final da vida e a Lei reguladora da eutanasia.

Esta xornada está aberto á participación de toda a poboación xeral e terá lugar o 3 de febreiro ás 17.00 horas na casa da cultura de Burela.

Contará con Carlos Fernández Fraga, médico de familia, como moderador; Arantza García Martínez, médica e presidenta CEA, que falará dos escenarios do final da vida; Isabel Vila Iglesias, enfermeira e vogal do Consello de bioética de Galicia, que amosará a responsabilidade da enfermería; e Miguel Vieito Villar, avogado e vogal do CEA e do Consello de bioética de Galicia, que tratará os aspectos prácticos da Lei Orgánica de Regulación da Eutanasia.

0.21300292015076