Burela acolle unha ampla programación cultural para o derradeiro mes do ano 2023
Burela acolle unha ampla programación cultural para o derradeiro mes do ano 2023 e que contará con actividades como teatro, talleres, música ou festas de Nadal.
A programación que xa comezou, continuará o venres 15 ás 18.00 horas co Día do Orgullo Mariñeiro na casa da cultura, e seguirá o sábado 16 coa actuación de Pakolas na praza da Mariña ás 18.00 horas.
O domingo 17 haberá un concerto de panxoliñas da man da coral polifónica de Burela ás 20.30 na casa da cultura, e o 20 un concerto na Escola de Música ás 20.00 horas. Tamén o día 20 na casa da cultura haberá unha actividade do Programa Pleamar.
O xoves 21 será a festa infantil de Nada, da Anpa do Ceip Vista Alegre, na carpa da praza da Mariña ás 17.20 horas e que está aberto a todos os nenos, e o sábado 23 poderase gozar dun concerto da Coral Polifónica ás 19.00 horas tamén na praza.
O venres 29 será a quenda do musical La Sirenita, ás 18.00 horas na casa da cultura, e xa por último o sábado 20 haberá un espectáculo de maxia ás 20.30 horas tamén na casa da cultura.