Burela acolle o espectáculo musical “Las Guerreras K-Pop” na Casa da Cultura

AMariñaXa
Un tributo cheo de ritmo, fantasía e coreografías inspiradas nos grandes grupos do K-Pop chegará o 30 de marzo
KPOP-guerreras-musica
15 Jan 2026

A Casa da Cultura de Burela converterase o vindeiro 30 de marzo de 2026 nun escenario vibrante coa chegada de Las Guerreras K-Pop, un espectáculo musical que se presenta por primeira vez na localidade e que promete sorprender ao público de todas as idades. A función dará comezo ás 17.00 horas e as entradas estarán dispoñibles desde 24,20 euros.

O show propón moito máis ca un concerto ou un tributo convencional. Trátase dun musical inspirado no universo do K-Pop no que a música, a danza e a posta en escena se mesturan cunha historia cargada de fantasía. Sobre o escenario, a fama e o éxito agochan unha loita sobrenatural polo destino de HofMund, un mundo ameazado por forzas escuras.

As protagonistas, coñecidas como “As Guerreras”, son en realidade cazadoras que empregan o seu talento musical como un escudo místico. A través de potentes coreografías, harmonías vocais e números espectaculares, defenden aos seus seguidores dunha inminente invasión demoníaca. Cada canción convértese así nunha batalla épica na que a música actúa como a arma principal.

O espectáculo preséntase como unha intensa loita de bandas, chea de enerxía, efectos visuais e referencias aos grupos máis populares do K-Pop, ofrecendo unha experiencia inmersiva pensada tanto para fans do xénero como para quen busque unha proposta escénica diferente e sorprendente.

⚙ Configurar cookies
0.077469110488892