Burela acolle o espectáculo A aldea das mulleres

AMariñaXa
Burela acolle o espectáculo de Carmen Conde, A aldea das mulleres o sábado 24 de abril na Casa da Cultura.
a aldea das mulleres
20 Abr 2021

A Casa da Cultura de Burela acolle o sábado 24 de abril ás 20.00 horas o novo espectáculo de Carmen Conde,  A aldea das mulleres.

Esta obra está dirixida a un público xuvenil e adulto e a entrada é de balde.

Mentres ela vai debagando historias, con ese poder simbólico que ten “buscarse os feixóns”, constrúe a aldea das mulleres con relatos das habitantes, que rexen o seu destino, teñen as súas leis, viven emancipadas e tallan en pedra ornamentada os seus nomes para a Historia. E, como fío condutor, unha legume chea de supersticións, maldita, cargada de ánimas, empregada para a xustiza, como afrodisíaco e como o único para roer en tempos da fame.

Fabas e mulleres nunha sesión-aldea que acubilla liberdades, rompe silencios e achega ao público historias apañadas da horta da realidade.

a aldea das mulleres 2
0.19144296646118