Mondoñedo acolle o espectáculo A aldea das mulleres

AMariñaXa
Mondoñedo acolle o espectáculo de Carmen Conde, A aldea das mulleres o 11 de xuño no auditorio Pascual Veiga.
a aldea das mulleres
1 Jun 2021

O auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo acolle o venres 11 de xuño ás 20.00 horas o novo espectáculo de Carmen Conde,  A aldea das mulleres.

Esta obra está dirixida a un público xuvenil e adulto e a entrada é de balde pero haberá que reservar a enrada na oficina de turismo.

Mentres ela vai debagando historias, con ese poder simbólico que ten “buscarse os feixóns”, constrúe a aldea das mulleres con relatos das habitantes, que rexen o seu destino, teñen as súas leis, viven emancipadas e tallan en pedra ornamentada os seus nomes para a Historia. E, como fío condutor, unha legume chea de supersticións, maldita, cargada de ánimas, empregada para a xustiza, como afrodisíaco e como o único para roer en tempos da fame.

Fabas e mulleres nunha sesión-aldea que acubilla liberdades, rompe silencios e achega ao público historias apañadas da horta da realidade.

a aldea das mulleres 2

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20253896713257