Burela acolle o Encontro de Orquestras da Mariña

AMariñaXa
Neste encontro participaron arredor de 60 alumnos das escolas de música de Xove, Ribadeo, Mondoñedo, Lugo, Foz e Burela
Encontro-de-Orquestras-da-Mariña
27 Xuño 2024

Celebrouse o Encontro de Orquestras da Mariña que esta edición tivo lugar no auditorio de Burela. Neste encontro participaron arredor de 60 alumnos das escolas de música de Xove, Ribadeo, Mondoñedo, Lugo, Foz e Burela. Os participantes interpretaron temas de música galega e temas da pedagoga Sheila Nelson, todos eles adaptados por Xan Carballal para o grupo de alumnos que con diferentes niveis participaron no encontro.

Dende os organizadores trasladan os seus parabéns a todos os participantes polo excelente resultado do seu traballo e aos profesores das escolas pola súa dedicación e as familias pola súa entrega. Tamén recalcan o apoio institucional que permite realizar eventos coma este en prol da xuventude e da cultura.

0.20636010169983