Burela acolle mañá unha acción informativa sobre o punto limpo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
4 Feb 2021

Esta mañá as monitoras de Gaia estiveron cos alumnos de 3° de Primaria do Ceip Virxe do Carme cunha actividade titulada O Xogo do Mundo Limpo.

As monitoras explicaron que “consistiu nunha lona que semella un taboleiro con casiñas, e en cada unha hai unha imaxe. Dependendo da casiña na que caias volverás tirar, terás un pregunta ou retrocederás. As preguntas son todas sobre a reciclaxe, con elas os rapaces aprenden onde debemos tirar os diferentes residuos que xeramos no fogar. Ademais repartimos chapas co lema Eu reciclo, que serviron para delimitar os grupos, xa que eran amarelas, azuis ou verdes, as mesmas cores que os contedores de recollida selectiva, que logo os rapaces levan para casa. Este é un xeito moi divertido para aprender a separar correctamente os residuos e ser respectuosos co medio ambiente”.

Mañá, venres, as monitoras de Gaia estarán na entrada do supermercado Gadis, en Arcadio Pardiñas, entre as 11 e as 13 horas cun mini stand informativo do Punto Limpo. “Alí repartiremos imáns co teléfono ao que hai que chamar para solicitar a recollida domiciliaria de voluminosos por parte do Punto Limpo”, engadiron desde a Concellería de Medio Ambiente, de Burela. A actividade desenvolverase si a climatoloxía o permite.

0.18579697608948