Burela acolle a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero

AMariñaXa
O propósito desta xuntanza é fomentar e aplicar accións e fórmulas para previr a violencia de xénero
BURELA-16-DEC-Mesa-contra-a-Violencia-de-Xénero
16 Dec 2024

Tivo lugar no salón de plenos, do Concello de Burela, a 7º xuntanza da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero. Nela participan representantes de diferentes institucións e profesionais de diversos ámbitos relacionados coa loita contra a violencia machista.

O propósito destas xuntanzas é fomentar e aplicar accións e fórmulas para previr a violencia de xénero, así como garantir un apoio e unha atención de calidade para ás vítimas da mesma. Así, a mesa consiste nun espazo de traballo e colaboración creado a nivel local cos obxectivos principais de mellorar a coordinación interinstitucional nesta loita, optimizar recursos, establecer protocolos comúns e sensiblizar e formar á poboación.

Foi creada en Burela no 2021, e en palabras da concelleira de Igualdade, Sandra Fernández, "é un órgano vivo, xa que é unha estrutura en constante evolución que se vai adaptando ás necesidades da nosa vila".

0.16870403289795