Burela acolle a I Andaina Solidaria Camiñando Xuntos

O vindeiro domingo 6 de abril, Burela será o escenario da I Andaina Solidaria Camiñando Xuntos, unha iniciativa promovida pola Asociación Camiña co obxectivo de reivindicar a igualdade de oportunidades e o acceso a un lecer inclusivo e sen barreiras para as persoas con discapacidade.
A actividade, cun custo de 5 euros, permitirá que os participantes colaboren nesta causa mentres percorren un traxecto pensado para todos os públicos. As inscricións poden realizarse en liña a través da plataforma Rock the Sport ou presencialmente o mesmo día do evento, a partir das 10:00 horas, nun posto habilitado na Praza do Concello de Burela.
Desde a organización animan á participación destacando que "con esta andaina buscamos dar visibilidade e concienciar sobre a importancia da igualdade de oportunidades para todas as persoas".