Burela abre o prazo para participar ou asistir de público a ‘El Grand Prix del Verano’
O equipo do programa El Grand Prix del Verano xa visitou o concello de Burela, que é unha das 14 localidades de toda España elixidas para participar no espazo. A alcaldesa de Burela, Carmela López, e a concelleira Lina Gómez destacan “a boa nova que supón que a nosa vila estea presente nun dos acontecementos televisivos de verán”.
No encontro estiveron tamén Bruno Oroza, adestrador persoal e surfista, que será o capitán do equipo de Burela. Ademais, xa está aberto os formularios de participación e asistencia.
Os interesados en facer que Burela sexa a gañadora da edición 2024 deben completan un formulario de participación no programa e tamén está aberto o formulario para ir de público. Tamén posible apuntarse no Concello de forma presencial. O prazo para inscribirse remata o 30 de abril.