Bumei programa varias actividades formativas na Mariña

AMariñaXa
O colectivo Bumei, situado no Concello de Foz, programa varias actividades formativas na Mariña, en concreto en Xove e Mondoñedo
mujeres. igualdad burela bumei
29 May 2021

O colectivo Bumei, situado no Concello de Foz, programa varias actividades formativas na Mariña. Así o martes día 8 de xuño terá lugar no local sito en rúa Alexandre Bóveda nº1, unha formación de medidas preventivas para a saúde a cargo de María del Carmen Trabada Blanco enfermera e con 40 años de experiencia profesional. Estará enmarcado dentro do Programa Emprega: Formación, Traballo e Igualdade a túa Liberdade.

Tamén haberá una actuación formativa no Concello de Xove e no de Mondoñedo dentro do Programa Inserta: Formación e Emprego. Esta será de competencias clave II e será dende o 1 de xuño ao 30 de setembro.
No Concello de Mondoñedo tamén haberá unha formación dentro do Programa Emprega: Formación, Traballo e Igualdade, a túa liberdade, sobre atención sociosanitaria básica a persoas dependentes no fogar, e será do 3 de xuño ao 2 de xullo.
Para máis información haberá que chamar ao 683 230 220 ou 609 837 645.

0.16037106513977