Bumei organiza un curso sobre TICs en Xove
As tecnoloxías de información e comunicacións ou TICs son as usadas para crear, almacenar, intercambiar e procesar información en varias formas, como datos, conversacións de voz, imaxes fixas ou en movemento, presentacións multimedia e outras formas.
Están relacionadas cos computadores, software e telecomunicacións. O seu obxectivo principal é a mellora e o soporte aos procesos de operación e negocios para incrementar a competitividade e produtividade das persoas e organizacións no tratamento de calquera tipo de información.
Así, Bumei, ofrece un curso formativo destas competencias básicas que comeza este 30 de agosto en Xove.
Para participar será necesario contactar co colectivo que está situado na rúa Emilia Pardo Bazán nº 9 (baixos da Casa do mar) en Burela, ou na rúa Alexandre Bóveda nº 1 baixo en Foz, e tamén a través do correo electrónico bumeiburela@gmail.com ou no teléfono 609 837 645.