Budiño presentará o seu último traballo este sábado en Ribadeo

AMariñaXa
As festas patronais de Ribadeo xa contan con camiseta oficial. Foron creadas pola artista local Sandra, da empresa Viva la Pepa
budino presentacion
7 sep 2023

O coñecido gaiteiro Budiño presentará o seu último traballo Branca Vela o vindeiro sábado, 9 de setembro, ás nove da noite no barrio de San Roque. O concerto está enmarcado na programación das Festas Patronais de Ribadeo

Budiño é un dos grandes expoñentes da música galega. Inspírase nos pequenos sabores da música de raíz, pero sempre coa intención de crear unha música con estilo propio. A súa constante innovación, mesturando os sons da música tradicional galega máis popular coa electrónica máis vangardista, levou ao músico e compositor a tocar en máis de 25 países.

Budiño estará este sábado en Ribadeo. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima a asistir a este concerto “dun dos grandes referentes da música galega  Oito discos e diversidade de premios avalan a súa traxectoria. Este é un dos pratos fortes das Festas Patronais de Ribadeo 2023, que ninguén debería perder. Agardámosvos a todos no barrio de San Roque o vindeiro sábado, 9 de setembro, ás nove da noite”.

O concerto de Budiño está patrocinado polo Concello de Ribadeo e pola Xunta de Galicia.

0.10191988945007