Budián, no Valadouro, inicia os seus tres días de festa
AMariñaXa
A romaría arranca o venres a partir das 21.00 horas con comida popular
11 sep 2024
Budán, no Valadouro, comeza as súas festas na honra á Virxe das Dolores. A romaría arranca o venres a partir das 21.00 horas con comida popular a base de empanada, xamón cocido, chourizo, pan e viño. A música virá da man do dúo Crazy. Ademais o sábado haberá mis asolemne, procesión e sesión vermú da man do grupo Montreal. A formación tamén amenizará a verbena pola noite. A romaría rematará o domingo 15 con misa solemne, procesión e unha sesión vermú longa do dúo Belinda.