A parroquia de Bravos, en Ourol, festexará por todo o alto o Entroido 2025 con dúas xornadas de festa os días 2 e 3 de marzo. O evento, organizado pola Asociación de Veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos e co apoio do Concello de Ourol, promete música, gastronomía e diversión para todos os públicos.
O domingo 2 de marzo abrirase a celebración cunha sesión vermú amenizada polo Dúo Caramelo ás 14:00 horas. A continuación, terá lugar o tradicional xantar de Entroido, cun menú que inclúe sopa de cocido, xamón, chourizo, costela, garavanzos e patacas. Pola tarde, o baile seguirá co Dúo Caramelo.
O luns 3 de marzo, o Dúo Estrellas animará o Baile de Entroido ás 22:00 horas, onde haberá grandes premios para as mellores máscaras en categorías individual, parellas e grupos. Unha cita ineludible para gozar do Entroido en Bravos-Ourol.