Brassica Rapa e Ortiga, novos confirmados para o BreaSon de Mondoñedo
A Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo continúa a preparar a nova edición do festival BreaSon e a desvelar os integrantes do cartel desta nova edición. Deste xeito, únense ao programa Brassica Rapa, que subirá ao escenario da cita o vindeiro 9 de novemebro para facer desfrutar a todos os asistentes.
Ademais, o rei da verbena, Ortiga, tamén encabeza o cartel desta nova edición e volve a Mondoñedo coa súa banda. Brassica Rapa e Ortiga únense a De Ninghures, Cool Nenas e o grupo Terbutalina. Na última edición contaron con actividades de lecer, unha representación teatral, catas de viño e un magosto. Ao escenario subiron Catuxa Salom, Grande Osso Fillas de Cassandra, Ruxe Ruxe, Los Rastreadores e The Skarnivals. Ademais, o colectivo promove unha cita que mestura a música, a oferta gastronómica, o teatro e moitas actividades.