Bota a andar unha nova edición da Ruada de Contos en Viveiro

AMariñaXa
A Ruada de Contos terá lugar ao longo de dúas xornadas, sempre no atrio de Santa María, e en caso de choiva, desenvolverase na Biblioteca Municipal
Ruada-de-Contos-viveiro
1 Aug 2024

O Concello de Viveiro organiza unha nova edición da Ruada de Contos, un evento xa consolidado no verán para a cativada viveirense. Con esta iniciativa, o Concello busca, en palabras da concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, “converter o atrio de Santa María no escenario de fermosos contos que farán voar a imaxinación das nenas e nenos”;.

A Ruada de Contos terá lugar ao longo de dúas xornadas, sempre no atrio de Santa María, e en caso de choiva, desenvolverase na Biblioteca Municipal. A primeira será o martes 6 de agosto ás 19.00, con !A vendedora de fume”, a cargo de Cris Collazo. A segunda xornada será o día seguinte, o mércores 7 de agosto, tamén ás 19:00. Será a quenda de “Cacho animalada”, da man de Vero Rilo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17820906639099