Bota a andar en Cervo unha nova edición do programa Enredando no verán

AMariñaXa
A proposta do Concello combina este ano teatro e actividades deportivas
ioga_nenos_enredando_no_verán
Imaxe da actividade na edición pasada
3 Xul 2024

Cervo organiza unha nova edición do programa Enredando no verán que combina este ano teatro e actividades deportivas. A arte escénica é a protagonista os mércores ás 10:30 horas, para crianzas de 6 a 9 anos, e ás 11.30 horas, para crianzas de 10 a 12 anos. Esta actividade será no pavillón da Veiga e comeza o 17 de xullo. Os interesados deben anotarse na Casa da Cultura ou no correo casadacultura@concellodecervo.com ata o luns 15 de xullo

Ademais, os cativos poderán gozar de clases de ioga os martes (para crianzas de 6 a 9 anos) e os xoves (para crianzas de 10 a 12 anos) ás 12.00 horas. A actividade comeza o día 8 e os interesados poden anotarse na Casa da Cultura ou no correo casadacultura@concellodecervo.com ata o luns 8 de xullo.

0.16972208023071