Bombeiros de Viveiro e Barreiros desinfectan 13 centros asistenciais da Mariña

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os efectivos dos parques de bombeiros de Viveiro e Barreiros, pertencentes ao Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, están a desenvolver dende este xoves tarefas de desinfección preventiva da Covid-19 nos exteriores de 13 centros de saúde, residencias e centros de menores de concellos da Mariña de máis de 5.
800px Freccia_del_cammino_di_santiago e1598526161333
8 Maio 2020

Os efectivos dos parques de bombeiros de Viveiro e Barreiros, pertencentes ao Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, están a desenvolver dende este xoves tarefas de desinfección preventiva da Covid-19 nos exteriores de 13 centros de saúde, residencias e centros de menores de concellos da Mariña de máis de 5.000 habitantes, ademais de nos centros de maiores da Deputación en Trabada e Ribadeo.

O Parque de Bombeiros de Barreiros realizou hoxe os traballos de desinfección en Ribadeo: na entidade privada Vivienda comunitaria El Mirador del Eo, no Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro, na residencia para persoas maiores de Ribadeo, e no centro de saúde. Ademais este xoves leváronse a cabo os traballos en Foz, na residencia de maiores de Foz, residencia de maiores Santisima Virgen del Carmen e no centro de saúde. Na xornada do sábado trasladaranse ata Trabada para desenvolver as tarefas no centro de maiores da institución e o domingo no centro de maiores de Pol.

O Parque de Bombeiros de Viveiro realizou este xoves os traballos na residencia Domusvi Viveiro, Residencia Betania, Miniresidencia Inmaculada Niña e no centro de saúde.

Estes traballos lévanse a cabo logo de que o presidente da Deputación, José Tomé Roca, que tamén preside o Consorcio de bombeiros, lle trasladara por carta á Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia a total disposición do Consorcio para efectuar as tarefas, xa que ata o momento non se recibiran peticións neste sentido por parte do Posto de Mando Avanzado.  Un ofrecemento que foi acollido por parte da delegación territorial da Xunta en Lugo, coa que o Consorcio coordinou a relación de lugares e concellos nos que se consideraba necesario actuar.

O presidente subliña que o obxectivo principal é contribuír á loita contra o coronavirus e dar resposta ás necesidades dos concellos da provincia: “Manter as superficies limpas é imprescindible, por iso a desinfección resulta fundamental, e máis aínda en lugares sensibles como son as residencias de maiores, e en espazos onde se atende a moitas persoas como é o caso dos centros de saúde”.

0.19597101211548