O BNG de Foz insta ao PSOE a unha reunión para alcanzar un novo consenso

Foz
AMariñaXa
Os nacionalistas afirman que están dispostos a renegociar o pacto do goberno
bng_europeas_foz
23 Dec 2024

O BNG de Foz expresa que a última reunión que tivo co PSOE foi o 6 de xullo: "Nela quedamos emprazados para realizar unha reunión na seguinte semana, na que estaría presente un asesor xurídico, onde a nosa intención era plantexar e estudar a posibilidade da elaboración dunha nova ordenanza municipal de axudas. A día de hoxe ainda estamos agardando por esta reunión".

Ante a situación afirman os nacionalistas: "Por responsabilidade co pobo de Foz, nós estamos dispostos a renegociar o pacto de goberno. Creemos que isto non se pode alongar máis no tempo, por eso instamos ao PSOE a que diga claramente si están dispostos a renegocialo ou non, e chegar a un novo consenso, poñendo unha data inminente para sentarnos a falar".

.

 

0.16844892501831