Besteiro presenta a nova executiva do PSOE, encabezada por Luis Lago Lage

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A nova executiva do PSdeG liderada polo novo secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, foi aprobada este domingo co 83,7% dos votos emitidos polos delegados acreditados no Congreso Extraordinario da Formación.
psoe galicia nova directiva
29 Abr 2024

A nova executiva do PSdeG liderada polo novo secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, foi aprobada este domingo co 83,7% dos votos emitidos polos delegados acreditados no Congreso Extraordinario da Formación.

En concreto, a cita que este domingo reuniu aos socialistas galegos en Santiago de Compostela, acreditáronse un total de 524 delegados con dereito a voto. Deles, votaron 450, dos que dous foron nulos e 71 en branco. Pola súa banda, as papeletas a favor foron 377, o que supón un 83,7% dos votos emitidos.

O novo secretario de Organización é Luis Ángel Lago Lage, mestre licenciado en Historia, entrou en 1988 na executiva do expresidente da Xunta Emilio Pérez Touriño e participou en diferentes direccións como responsable de política municipal, institucional e administración. Foi concelleiro, deputado provincial, senador e presidente da Comisión de Interior do Senado.

A executiva contempla de novo que a expresidenta da Deputación de Pontevedra e senadora viguesa Carmela Silva continúe á fronte da Presidencia do PSdeG.

A nova dirección está conformada por un total de 40 persoas, 20 homes e 20 mulleres. Deste xeito, o número de secretarías redúcese nun 31%, ao pasar de 58 a 40 integrantes, e renóvase nun 55%.

Por provincias, por Lugo, ademais do propio secretario xeral e o responsable de organización, figurarán na executiva socialistas como Lara Méndez (Secretaría de Coordinación do Parlamento de Galicia), César Mogo (Coordinación coas Cortes Xerais), Luís Álvarez (Educación), Roberto Fernández Rico (Desenvolvemento Rural), Patricia Otero (Transportes e Mobilidade Sostible), Gloria Prada (Comercio), Teresa Fernández Pérez (Políticas Forestais) e Marta Rouco (Políticas Forestais).

De Ourense integran a nova dirección do PSdeG proposta no Congreso Ramón Alonso López (Reto Demográfico), Margarida Pizcueta (Lingua), Ignacio Gómez (Turismo e Patrimonio), Patricia Domínguez Barja (Emprendemento e Traballo Autónomo), María Fernández Follea (Función Pública e Xustiza), Margarita Martín (Políticas Sociais e Dependencia), e Celso Fernández López, que ocupará unha secretaría executiva.

Por Pontevedra, ademais da presidenta Carmela Silva, estarán os vigueses Abel Losada (Economía e Emprego) e Ángel Rivas (Estudos e Programas), así como Iria Sobrino (Urbanismo e Dereito a Vivenda), Javier Carballo (Dereitos LGTBI), Bárbara Domínguez González (Galeguidade e Emigración), Digna Rivas (Políticas de Seguridade e Emerxencias), Nicolás González Casares (Política Europea e Transformación Dixital), Julio Torrado (Política Cultural e Formación), Ivan Puentes (Análise e Perspectiva) e Mónica González Conde, que ocupará outra secretaría executiva.

Os coruñeses presentes na executiva serán, ademais da pontesa Ana Pena como adxunta á Secretaría de Organización, Julio Abalde (Secretaria de Ciencia, Innovación e Universidade), José Miñones (Sanidade), Silvia Fraga (Igualdade), José Manuel Rodríguez García (Política Municipal), Ángel Mato (Transición Enerxética), José Ramón Romero (Mar e Recursos Mariños), Xoaquín Fernández Leiceaga (Facenda Pública e Autogoberno), Marta Álvarez Santullano (Relacións Institucionais), Noemí Díaz (Medio Ambiente, Sostibilidad e Emerxencia Climática), Nerieda Canosa (Deporte e Políticas Saudables) e Mercedes Noceda, que ocupará outra secretaría executiva.

0.16371703147888