Berta Dávila presenta a súa última novela en Foz

Foz
AMariñaXa
Berta Dávila presenta a súa última novela, A ferida imaxinaria, en Foz.
berta_davila
12 Abr 2024

Berta Dávila presenta a súa última novela, A ferida imaxinaria, en Foz. Terá lugar o vindeiro xoves 18 de abril a partir das 20.30 horas na Libraría Bahía. Ademais de dar a coñecer o seu libro, organizarase un coloquio arredor del.

Esta actividade encádrase dentro da programación do club de lectura A carón dos libros que promove a  libraría. Trátase dunha proposta aberta para todo o público que queira asistir. Berta Dávila é unha das voces máis orixinais dentro da nova narrativa galega tanto nos temas que aborda como nas técnicas de escrita que escolle.

Recibiu o premio nacional da crítica en 2019  pola novela Carrusel e o premio Xerais de narrativa 2021 por Os seres queridos. Ademais de narrativa tamén é autora do poemario A Raíz da fenda polo que acadou o premio nacional da Crítica en 2013.

0.17432308197021