Bernardo Fraga, de Por Viveiro, foi elexido como candidato á Alcaldía

AMariñaXa
Bernardo Fraga, foi elexido por unanimidade na reunión de Por Viveiro, celebrada este sábado, como candidato á Alcaldía de Viveiro
bernardo fraga por viveiro 203
1 Abr 2023

Bernardo Fraga, foi elexido por unanimidade na reunión de Por Viveiro, celebrada este sábado, como candidato á Alcaldía de Viveiro, pola formación independente, que se presentará por segunda vez consecutiva aos comicios municipais na localidade.

Os independentes destacan que Viveiro perdeu 1000 habitantes en 10 anos, case 400 postos de traballo fixos no sector industrial e pesqueiro, non temos ninguna das infraestruturas necesarias en execución, e ainda por riba carecemos dun Plan Xeral que permita voltar á senda do crecemento. Viveiro ten a día de hoxe, un goberno progresista, pero non progresa, destacan.

Afrontan as Eleccións Municipais de maio co obxectivo de liderar o cambio político necesario logo de 40 anos de alternancia no goberno dos grandes partidos tradicionais. Queremos representar a todas aquelas persoas que se senten abandonadas, que consideran que Viveiro está en decadencia, e que debe ser un partido local, quen lidere un goberno de boa xestión, con capacidade de diálogo con calquera dos partidos, sen vetos nin miopía ideolóxica, para revertir a situación na que nos atopamos. En definitiva, un goberno de Viveiro, que traballe por Viveiro.
Perfil.
Bernardo Fraga Galdo, nado en Celeiro, ten 39 anos, está casado e ten dous fillos. Na actualidade reside en Viveiro. Arquitecto Técnico de profesión, é propietario e Director Executivo dunha empresa de Arquitectura e Construción, ademáis de ser copropietario dun local de hostalería. Leva 12 anos de Concelleiro na Corporación Municipal, sendo tenente alcalde entre os anos 2011 e 2012. Foi presidente do Colectivo Chilindrín-Penalba de Celeiro durante 14 anos. Colabora con distintos colectivos deportivos e culturais do Concello. No 2019 impulsou e encabezou Por Viveiro, cun resultado de 1178 votos e o 14,25% dos apoios

0.19353699684143