Belinda Washington presenta en Viveiro a terceira edición das súas viaxes

AMariñaXa
A actriz Belinda Washington presenta o vindeiro 28 d eoutubro Los viajes de Belinda, un novo proxecto co que gozar 
belinda washigton
27 Out 2022

A actriz Belinda Washington presenta unha nova edición de Los viajes de Belinda, un novo proxecto co que gozar e descubrir todos os segredos da Mariña lucense, da man de cinco convidadas de luxo.

Así, o vindeiro 28 de outubro ás 11.00 no Hotel Urban de Viveiro falará de todos os detalles desta experiencia chea de actividades, visitas interesantes, culturais, gastronómicas e lúdicas que pretenden repetirse periodicamente para que  cada vez sexa mais numeroso o numero de visitantes.

Hai máis de 20 anos que Belinda namorouse da fantástica paisaxe de A  Mariña lucense. Unha zona para algúns descoñecida cun clima tranquilo  e unha paisaxe bucólico que lle lembra á súa escocia natal. Un espazo cheo de tranquilidade, xente marabillosa e unha espectacular gastronomía. Un lugar ideal para reconectar coa natureza e cun mesmo. Desde entón, o seu maior desexo é que cada vez máis persoas coñezan esta  marabillosa zona que no seu día a encandeou e é así como nacen Los viajes de Belinda.

Este soño fraguouse hai 8 anos e agora faise realidade grazas ao apoio de diferentes empresas e varios Concellos da zona. Unha sinerxia que nace  co obxectivo de potenciar o turismo da zona e embelesar aos seus visitantes  con mil razoes para volver, respectando a contorna e a súa beleza sobrecolledora.

Para a terceira edición desta aventura, Belinda contará con 4 caras coñecidas como son o actor de series como La que se avecina, Muchachada Nui ou El paisano, Pablo Chiapella; Manel Fuentes presentador de diferentes formatos entre os que podemos destacar Tu cara me suena, Caiga quien caiga ou La Noche… con Fuentes y Cía; Alba Rico de Violetta, Un lugar donde ser feliz ou Lope Enamorado; e Alicia Rueda, deseñadora de moda vasca con gran proxección internacional.

Compañeiros extraordinarios que descubrirán nunha cita a cegas de 4 días os marabillosos recunchos da Mariña lucense e que contaxiarán á volta aos seus familiares e coñecidos con todo o vivido e sentido.

0.195561170578