Belinda Washington presenta en Ribadeo os segredos da Mariña lucense

AMariñaXa
A actriz Belinda Washington presenta o vindeiro venres 8 de abril Los viajes de Belinda, un novo proxecto co que gozar 
belinda washigton
2 Abr 2022

A actriz Belinda Washington presenta o vindeiro venresdía 8 de abril Los viajes de Belinda, un novo proxecto co que gozar e descubrir todos os segredos da Mariña lucense, da man de cinco convidadas de luxo.

Hai máis de 20 anos que Belinda namorouse da fantástica paisaxe de A  Mariña lucense. Unha zona para algúns descoñecida cun clima tranquilo  e unha paisaxe bucólico que lle lembra á súa escocia natal. Un espazo cheo de tranquilidade, xente marabillosa e unha espectacular gastronomía. Un lugar ideal para reconectar coa natureza e cun mesmo. Desde entón, o seu maior desexo é que cada vez máis persoas coñezan esta  marabillosa zona que no seu día a encandeou e é así como nacen Los viajes de Belinda.

Este soño fraguouse hai 8 anos e agora faise realidade grazas ao apoio de diferentes empresas e varios Concellos da zona. Unha sinerxia que nace  co obxectivo de potenciar o turismo da zona e embelesar aos seus visitantes  con mil razoes para volver, respectando a contorna e a súa beleza sobrecolledora.

Para a segunda edición desta aventura, Belinda contará con 4 caras coñecidas como Jordi Sánchez, actor de series como La que se avecina oo Señor dame paciencia; Antonio Velázquez de Sin tetas no hay paraíso ou Las chicas del cable; Harlys Becerra de Vis a vis ou Fariña e o director de cine Salvador Clavo gañador de 4 Goyas pola película Adú.

Uns compañeiros extraordinarios que van descubrir nunha cita a cegas de 4 días os marabillosos recunchos da Mariña lucense e que contaxiarán á volta aos seus familiares e coñecidos con todo o vivido e sentido.

A viaxe chea de actividades, visitas interesantes, culturais, gastronómicas e lúdicas que pretenden repetirse periodicamente para que cada vez sexan máis os visitantes.

A presentación de Los viajes de Belinda será o vindeiro venres día 8 de abril ás 10.30 no Hotel Araucaria de Ribadeo.

0.16511702537537