Basilio Otero renova como presidente da federación provincial de confrarías de pescadores

AMariñaXa
Basilio Otero Rodríguez renova no seu cargo como presidente da federación provincial de Lugo de confrarías de pescadores de Galicia
basilio otero presidente confraria federacion pescadores
20 Dec 2022

Os tres presidentes das federacións provinciais de confrarías de pescadores de Galicia  renovaron o seu cargo tralas terceiras eleccións unificadas nos pósitos galegos. Neste proceso foron elixidos tamén os vicepresidentes primeiro e segundo e os membros do comité executivo, de conformidade coa regulación contida nos seus estatutos. Ademais, foron designados os tres vogais de cada unha delas que representarán ás federacións provinciais no comité executivo da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

Así, Basilio Otero Rodríguez renova no seu cargo como presidente da lucense, Daniel Formoso na Coruña e José Manuel Rosas Otero en Pontevedra.

Hoxe, martes 20, é cando os representantes elixidos tomarán posesión dos seus cargos e nese momento abrirase o prazo para elixir aos órganos reitores da Federación Galega de Confrarías de Pescadores –o último paso deste proceso electoral unificado–, que serán proclamados o vindeiro 9 de xaneiro.

Estes comicios ás federacións provinciais son unha continuación dos iniciados coa elección dos 62 patróns e vicepatróns maiores noutras tantas confrarías de pescadores e amosan a madurez democrática do sector á hora de elixir aos seus representantes. 

0.17642307281494