Barreiros selecciona un traballador social
AMariñaXa
O Concello de Barreiros selecciona un traballador social a media xornada para o Concello. O prazo de presentación remata o 6 de maio
13 Apr 2022
Publicouse no BOP de Lugo, con data do 13 de abril, unha convocatoria para iniciar o proceso selectivo de un traballador social a media xornada para o Concello de Barreiros.
O prazo de presentación de instancias é de quince días hábiles, é dicir ata o 6 de maio inclusive, no rexistro xeral do Concello de Barreiros. Tamén poderán presentarse a través da sede electrónica municipal (barreiros.sedelectronica.es) e tamén se poderán remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015 segundo o establecido nas bases.
As bases e o modelo de solicitude están publicados na web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello.