Barreiros reforza a accesibilidade con novas prazas reservadas e melloras na sinalización viaria

AMariñaXa
O Concello leva a cabo actuacións en distintos puntos para facilitar a mobilidade e garantir espazos para emerxencias
Barreiros-prazas-accesibilidade-2025
20 Aug 2025

O Concello de Barreiros está a desenvolver unha serie de traballos de repintado e sinalización que teñen como finalidade mellorar a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida e asegurar prazas específicas para vehículos de emerxencias. Trátase de pequenas intervencións que, segundo o goberno local, resultan fundamentais para construír un municipio máis seguro, accesible e ordenado.

Entre as actuacións realizadas destacan os repintados das prazas reservadas para vehículos de persoas con mobilidade reducida nas vivendas sociais de San Cosme, no teleclub, na praia de Fontela, en Coto e na Pasada. Ademais, creáronse prazas específicas para vehículos de emerxencia e salvamento en Altar e en Coto.

En San Miguel de Reinante tamén se están a realizar melloras na sinalización da praza PMR da Praza do Souto e procederase ao traslado da parada de taxi diante do Hostal-Restaurante O Vendaval.

Desde o Concello subliñan que estas actuacións son pasos necesarios para avanzar cara a unha vila máis inclusiva. Ao mesmo tempo, fan un chamamento á veciñanza para que respecte estes espazos reservados e faga un uso responsable deles, lembrando que a empatía e o respecto son claves para unha boa convivencia.

⚙ Configurar cookies
0.17676901817322