Barreiros presenta un ano máis unha variada programación de Nadal
Barreiros presenta un ano máis unha variada programación de Nadal para que a veciñanza poida gozar de distintas actividades
Así, tralo Mercado de Nadal celebrado o domingo 10 na praza do Concello, seguirá cunha obra de teatro o sábado 16 a cargo do grupo Ardora de Cervo, e o domingo 17 poderase desfrutar do documental 'Ronsel de futuro' organizado polo colectivo Ollomao.
Continuará o venres 22 cunha actividade de conciliación para os pequenos no que farán obradoiros de Nadal, e xa o día 24 será a recepción de Papá Noel no centro social. O Apalpador tamén visitará a vila, gracias ao colectivo Ollomao, e haberá un concerto do Coro de Barreiros o 6 de xaneiro.
O venres 5 de xaneiro os Reis Magos visitarán ás parroquias do concello e despois será a súa recepción no centro social.
Por outra banda, os pequenos do concello poderán visitar Xuvenlugo nunha data aínda por confirmar.
Tamén haberá tempo para o deporte na xornada do domingo 7 de xaneiro, na que se poderá desfrutar da Carreira e andaina solidaria de Reis pola mañá.