Barreiros prepara un programa de estimulación da memoria en persoas maiores

AMariñaXa
O Concello de Barreiros organiza o programa Barreiros ActivaMente. Un programa que atende ás necesidades das persoas maiores
1barreiros activaMente cursos
8 sep 2021

O Concello de Barreiros, desde a área de Educación Familiar e en colaboración coa Concellería de Participación e Dinamización Veciñal organiza o programa Barreiros ActivaMente. Un programa que atende ás necesidades das persoas maiores para manter unha mente activa, estimulada e entretida.

Como novidade, e adaptándose ás restricións sanitarias derivadas da covid-19, o programa levarase a cabo en 4 lugares, onde máis inscritos figuren, entre as 7 localizacións ofertadas: San Cosme, San Miguel, Celeiro, Vilamar, San Xusto, Cabarcos e A Rilleira.

O programa está enfocado para persoas maiores de 65 anos, xubilados maiores de 60 anos e persoas con discapacidade que se consideren idóneas para participar nas actividades que serán dunha hora semanal de outubro a maio.

As persoas interesadas poden pre-inscribirse nas oficinas xerais do Concello de Barreiros de maneira presencial ou ben por correo electrónico na dirección educadora@concellodebarreiros.gal antes do 21 de setembro. Unha vez definidos os 4 lugares maioritariamente escollidos, o Concello poñerase en contacto coas persoas interesadas en participar para confirmar os locais, horarios definitivos e formalizar a inscrición que terá unha taxa municipal de 10€/ano.

Desde a área de Educación Familiar salientan a importancia destes talleres de aprendizaxe e lecer para favorecer o proceso de envellecemento activo traballando a memoria, a atención, a concentración e potenciando as relacións entre a veciñanza do Concello.

barreiros activaMente cursos
0.20271706581116