Barreiros pon en marcha actividades deportivas para os mozos e as persoas adultas
AMariñaXa
A persoa que queira inscribirse deberá confirmar previamente nas oficinas municipais que quedan prazas dispoñibles
Imaxe de arquivo
1 Jun 2024
Este luns 3 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para participar nas actividades deportivas para a mocidade (maiores de 12 anos) e persoas adultas que organiza o Concello de Barreiros. O formulario de inscrición só estará dispoñible nas oficinas do Concello.
A persoa que queira inscribirse deberá confirmar previamente nas oficinas municipais que quedan prazas dispoñibles nas clases nas que queira matricularse e unha vez confirmada a dispoñibilidade poderán presentar o formulario de inscrición.