Barreiros ofrece un obradoiro de monicreques de papel e arte natural para a infancia

AMariñaXa
A cita será o 23 de setembro na Biblioteca Pública Municipal e require inscrición previa antes do día 17
monicreques-papel-manualidades
9 Sep 2025

O Concello de Barreiros vén de anunciar unha nova actividade dirixida aos máis pequenos: un obradoiro de monicreques de papel e arte natural, no que a creatividade e a imaxinación terán un papel protagonista.

A proposta desenvolverase o 23 de setembro, entre as 16:00 e as 17:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal. Trátase dunha actividade gratuíta con prazas limitadas, polo que será necesario realizar inscrición previa antes do 17 de setembro na propia biblioteca.

Este taller busca favorecer o desenvolvemento da motricidade fina, ao tempo que fomenta a creatividade das crianzas e a súa conexión coa natureza mediante o emprego de materiais naturais.

A iniciativa enmárcase no programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia, unha acción de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas que conta coa colaboración das entidades locais.

⚙ Configurar cookies
0.14671683311462