Barreiros mellorou o resultado orzamentario no exercicio 2019 en 150.000 euros

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Barreiros celebrou o pasado luns una Comisión de Contas para someter a informe a Conta Xeral do ano 2019.
18 Xuño 2020

O Concello de Barreiros celebrou o pasado luns una Comisión de Contas para someter a informe a Conta Xeral do ano 2019.

Con  respecto ao resultado do ano 2019, a alcaldesa sinala que “a pesar de que o resultado é aínda negativo, o control de gasto que se implantou desde xuño de 2019 supuxo que o resultado anual mellorara con respecto ao 2018 en 150.000 euros.”

O propio informe da secretaría-intervención municipal que acompaña a conta xeral sinala que “está claro que o orzamento do ano 2019 estaba xa practicamente agotado o 29 de maio de 2019” e insiste en que “dende o mes de maio se produciu unha disminución importante do gasto, sobre todo do gasto corrente, xa que existe un control a través de retencións de crédito, que antes non existía.”

Ana Ermida explica que “ese control de gasto que se fixo para evitar despilfarros e gastos innecesarios supuxo mellorar os resultados con respecto ao 2018 en 150.000 euros, a pesar do descontrol de gasto do primeiro semestre do ano que tivo que ser corrixido polo novo goberno.”

Ademais do resultado do 2019, a alcaldesa asegura que “fronte ás facturas pendentes de pago por importe de máis de 1.010.000 euros que atopamos hai xusto un ano ao entrar no goberno, neste momento estanse pagando as facturas dentro do mes de presentación e quedan pendentes de aprobar facturas do 2019 por importe de 322.000 euros.”

A alcaldesa sinala que esa redución do gasto se fixo priorizando necesidades e traballando como debe facelo calquera administración pública: contrastando orzamentos e adecuando os gastos ás necesidades reais do municipio.

Tras o trámite da comisión de contas, o documento someterase a exposición pública durante os vindeiros 15 días, podendo presentarse alegacións ao mesmo durante eses 15 días e 8 máis, para despois ser debatida e aprobada en pleno e enviada aos órganos de control económico.

0.17284989356995