Barreiros Mar e Monte organiza unha nova andaina para o domingo

AMariñaXa
O colectivo Barreiros Mar e Monte organiza para o domingo 15 de xaneiro unha nova andaina polo monte Corneria.
1 barreiros mar e monte 15 xaneiro ruta
13 Xan 2022

O colectivo Barreiros Mar e Monte organiza para o domingo 15 de xaneiro unha nova andaina polo monte Corneria.

Este roteiro dará saída ás 9.30 horas dende o café bar Moderno e será unha camiñata duns 10 quilómetros aproximadamente.

Dende a organización aconsellan levar roupa cómoda e de abrigo e informaron de que haberá un xantar no restaurante Xiraldo de San Adriano de Lourenzá por 11 euros para o que haberá que resevar previamente.

0.1396369934082