Barreiros Mar e Monte organiza unha festa e andaina de Samaín

AMariñaXa
O colectivo Barreiros Mar e Monte organiza para o domingo 31 de outubro unha festa e andaina de Samaín ata Santo Estevo do Ermo.
samain barreiros mar e monte 1
25 Out 2021

O colectivo Barreiros Mar e Monte organiza para o domingo 31 de outubro unha festa e andaina de Samaín. Este evento dará comezo ás 19.00 horas dende o café bar Moderno para facer a andaina ata Santo Estevo do Ermo.

Dende a organización aconsellan levar comida pois "compartiremos o que levemos", e informaron de que haberá queimada, castañas asadas e empanadas que se pagarán entre todos previa reserva.

samain barreiros mar e monte
0.091123104095459