Barreiros loita contra a violencia de xénero mediante charlas e obradoiros

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
20 Ago 2019

O Concello de Barreiros organiza o programa “Enténdote, colle a miña man”, que promove unha serie de talleres e charlas sobre traballo en igualdade, a prevención, a información ou o asesoramento sobre violencia de xénero, educar en prevención de estereotipos de xénero e axuda a algunha muller vítima de violencia  de xénero. Esta actividade está destinada a mulleres maiores de idade.

A xornada de presentación tivo lugar o pasado luns no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 11 horas. As charlas e talleres serán na semana do 19 ao 23 de agosto en horario de 10:00 a 12:00 horas no mesmo centro sociocultural.

O programa está organizado dende a concellería de Igualdade do Concello de Barreiros coa colaboración de Mujeres en Igualdad de Burela e a Xunta de Galicia.

0.14054489135742