O Concello de Barreiros licitou un módulo de punto limpo móbil

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Barreiros iniciou o expediente para a adquisición de un vehículo tipo pick-up, con gancho multilift, con un módulo de caixa basculante con baldas laterais abatibles e un módulo de punto limpo móbil con diferentes compartimentos.
12 Out 2019

O Concello de Barreiros iniciou o expediente para a adquisición de un vehículo tipo pick-up, con gancho multilift, con un módulo de caixa basculante con baldas laterais abatibles e un módulo de punto limpo móbil con diferentes compartimentos.

O edil de medio ambiente, Dámaso Ratoira, sinalou que “coa implantación deste punto limpo móbil, o que se pretende é reforzar o sistema actual de recollida selectiva e facilitarlle aínda máis á poboación a reciclaxe dos residuos, complementando ó punto limpo fixo co que conta o concello. Pretende adquirirse un punto limpo móbil para pequenos residuos, que se poda colocar en diferentes sitios do concello, para que a xente saiba que pode acudir para depositar esas pequenas cousas polas que non lles compensaría desprazarse ata o punto limpo (pequena chatarra electrónica/pequenos electrodomésticos, pintura/bernices/disolventes, aceites, radiografías, roupa/xoguetes, baterías/pilas, bombillas/fluorescentes,…), así como o vehículo para transportalo e que ademais terá outro módulo de caixa basculante para a recollida de voluminosos e o seu traslado ó punto limpo”.

O importe deste subministro é de 51.552,46 euros (ive incluído) e deberá estar entregado antes do 15 de novembro. Está cofinanciado con 40.000 euros por parte da Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao abeiro da Orde do 14 de decembro de 2018, para financiar actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ó programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

0.13302206993103