Barreiros impulsa a creatividade infantil co Certame Letras Galegas 2025

AMariñaXa
A Biblioteca Municipal convida á cativada a reflexionar sobre o valor do saber a través da lectura e a expresión artística
libros-escolares-colegio
26 Apr 2025

A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros volve poñer en marcha unha nova edición do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025 (Fase Local), unha iniciativa que busca incentivar a imaxinación, a reflexión e o uso da lingua galega entre os máis pequenos.

Baixo o lema “Ler con coñecemento”, as nenas e nenos do concello están convidados a expresar, mediante a escritura ou o debuxo, como os libros lles axudan a comprender, investigar e interpretar o mundo que os rodea.

O certame está dirixido a menores de ata 16 anos, divididos en tres categorías segundo a idade: ata 8 anos (categoría A), de 9 a 11 anos (categoría B) e de 12 a 16 anos (categoría C).

As creacións deberán entregarse antes do 22 de maio, ben na Biblioteca Municipal, ben nos centros escolares do concello. Un xurado elixirá ata tres traballos por categoría e modalidade (narración e debuxo).

As propostas gañadoras avanzarán á fase provincial, coordinada pola Biblioteca Pública de Lugo e patrocinada pola Xunta de Galicia.

Dende a biblioteca barreirense animan a toda a rapazada a participar, valorando non só o talento artístico e literario, senón tamén a capacidade de reflexionar sobre o coñecemento e o poder transformador da lectura

⚙ Configurar cookies
0.16141891479492