Barreiros impulsa a conciliación familiar cun campamento infantil en Semana Santa

AMariñaXa
O programa +Concilia Abril ofrece 50 prazas para nenos e nenas entre 3 e 11 anos
camapamento-veran-barreiros-1
27 Mar 2025

O Concello de Barreiros, a través da área de Igualdade, pon en marcha unha nova edición do campamento infantil +Concilia Abril, unha iniciativa destinada a favorecer a conciliación familiar durante o período non lectivo da Semana Santa.

O campamento desenvolverase no CEIP de San Cosme de Barreiros entre o 14 e o 21 de abril, nos días laborais, en horario de 9:30 a 13:30 horas. Está dirixido a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2021, e contará con 50 prazas dispoñibles.

As familias interesadas poderán inscribir aos seus fillos e fillas ata o 2 de abril, presentando a solicitude no rexistro do Concello en horario de 9:30 a 14:30 horas ou a través da sede electrónica municipal. A participación no programa terá un custo de 5 euros para menores empadroados en Barreiros e de 20 euros para os que non estean censados no municipio.

Os criterios de selección e os modelos de inscrición poden consultarse na web oficial do Concello, www.concellodebarreiros.gal, onde están dispoñibles as bases completas do programa.

⚙ Configurar cookies
0.10489201545715