Barreiros e Ribadeo organizan un novo Obradoiro de emprego dual

AMariñaXa
Unha oportunidade de formación e traballo dirixida a 20 persoas maiores de 18 anos
casco-obra-recurso
30 Out 2024

Os Concellos de Barreiros e Ribadeo organizan conxuntamente un novo Obradoiro de emprego dual denominado “Constrúe en Verde”, unha oportunidade de formación e traballo dirixida a 20 persoas maiores de 18 anos.

Durante nove meses, as persoas participantes desenvolverán competencias en dúas especialidades: Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción; e limpeza en espazos abertos e industriais, mobiliario, locais e xestión de residuos urbanos e industriais.

As persoas interesadas en formar parte do alumnado deste obradoiro deberán inscribirse na oficina pública de emprego de Ribadeo antes do 20 de novembro. Para o desenvolvemento destes obradoiros tamén se procederá á contratación de persoal docente e administrativo. Para máis información pódense descargar as bases do obradoiro de emprego desde esta ligazón.

0.195307970047