Barreiros e a Asociación Española Contra o Cancro da Mariña organizan o programa Non te esquezas de ti
O Concello de Barreiros xunto coa Asociación Española Contra o Cancro Da Mariña organiza o programa Non te esquezas de ti. Un programa dirixido a familiares e coidadores/as de persoas afectadas de cancro e outras enfermidades.
Afrontar un mal diagnóstico é unha experiencia difícil e moi complexa, no só para a persoa enferma senón tamén para a súa familia e os seus seres queridos.
Na maioría das ocasións, a familia e o entorno da persoa enferma representa o principal apoio para o paciente e é aquí, onde o coidado, se converte nunha tarefa nada doada e, ás veces, eses coidados conlevan unha sobrecarga física e emocional que desemboca nun desbordamento psicolóxico.
É por iso que, o Concello de Barreiros, a través da concellería de servizos sociais, aposta por achegar a Barreiros estes programas de apoio á persoa coidadora co fin de mellorar a súa calidade de vida. Tratar a importancia do coidado en familiares de persoas afectadas de cancro e outras enfermidades así como a creación dun espazo para compartir experiencias e reflexións para fomentar o autocoidado e poñer ao familiar no centro da atención psicosocial.
O programa conta de 3 sesións, unha por semana, cuxo inicio está previsto o luns 14 de novembro de 10:30 a 12:30 horas na Aula CeMIT de Barreiros.
As persoas interesadas en participar poden facelo previa inscrición nos servizos sociais do Concello de Barreiros (telf. 982.31.71.43).