Barreiros continúa coa mellora da rede viaria local nas parroquias

AMariñaXa
O Concello de Barreiros continúa coa mellora da rede viaria local nas parroquias do Concello. ao abeiro do Plan de mellora de camiños
barreiros mellora vial nas parroquias do concello
6 Nov 2022

O Concello de Barreiros continúa coa mellora da rede viaria local nas parroquias do Concello. Neste caso, e ao abeiro  do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural están a executarse obras de mellora e conservación e limpeza de cunetas nos viais que comunican aos barrios de A Pedreira, O Teixo e Seoane, na parroquia de Cabarcos nunha lonxitude de 1,6 km. 

A cargo do mesmo plan iniciáronse tamén as obras de limpeza de  viais en San Xusto e Vilamartín Pequeno para proceder de seguido ao correspondente aglomerado, actuando nestes  casos nunha lonxitude de 1,2km.

O alcalde en funcións e concelleiro de Obras Antonio Veiga e o concelleiro de Medio Rural Dámaso Ratoeira fixeron seguimento da execución das obras na parroquia de Cabarcos e Antonio Veiga manifestou que “continuamos mellorando a nosa ampla rede local de camiños e pistas de acordo a unha planificación e cubrindo zonas progresivamente, coma nesta parroquia onde damos continuidade a outros asfaltados feitos como son o acceso a Fixoucos desde a N-634, e a conexión Fixoucos – A Pedreira”. Afirmou tamén que este tipo de traballos terán continuidade nos vindeiros meses no resto das parroquias, cos fondos do Plan Único da Deputación e tamén con fondos propios.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14934611320496