Barreiros celebra a romaría de Santo Estevo da Pagá
AMariñaXa
San Miguel de Reinante prepara un ano máis as festas con sesión vermú, degustacións gratis e verbenas
Foto de arquivo
7 Xuño 2024
San Miguel de Reinante, en Barreiros prepara un ano máis a romaría de Santo Estevo da Pagá, que celebrarán os días 8 e 9 de xuño. O sábado haberá misa solemne e procesión, sesión vermú co dúo Belinda, chourizos e empanada gratis. A partir das 18.00 horas actuará o grupo O arco da Vella e a partir das 22.00 horas haberá unha gran verbena co dúo Belinda e o grupo Lume.
O domingo organizan de novo misa solemne e procesión e unha degustación de chourizos e empanada gratis para os asistentes. A sesión vermú estará amenizada polo dúo Phantom.