Barreiros aproba un orzamento de 4.1 millóns de euros
O Concello de Barreiros aprobou os orzamentos para o ano 2021 e que ascenden a 4,1 millóns de euros. Contaron co respaldo do PSOE e o BNG.
Segundo explicaron dende o Concello, esta cantidade está fundamentada polo resforzo dos servizos sociais e os básicos para
a cidadanía. Así, haberá un incremento do gasto en partidas sociais, con investimento local e doutras administracións
O capítulo de gastos de persoal volverá ser o máis cuantioso do orzamento, co 41% do apartado de gastos. Unha gran parte deste capítulo irá para a ETAP de Celeiro, na que se están realizando axustes xa que Ermida lembra que foi recibida polo goberno municipal anterior do PP pero necesita actuarse nela e facer unha serie de melloras que garantan o seu pleno funcionamento.
Os investimentos contan con 1,7 millóns de euros.
A corporación aprobou tamén un recoñecemento extraxudicial de crédito de 170.000 euros co que quedarán abonadas todas as facturas pendentes do ano pasado. A alcaldesa, Ana Ermida, insistiu neste punto porque lembrou que xa durante o ano anterior desde o goberno municipal fíxose un esforzo moi importante abonando máis de 600.000 euros que quedaran da época anterior do Partido Popular.
O que si rexeitou o goberno local foron a creación de axudas directas á hostalaría alegando que o Concello non ten capacidade económica para elo. Si asegurou que se levarán a cabo iniciativas de promoción que repercutirán no sector.