Barreiros aposta polo fomento de emprego de persoas con discapacidade

AMariñaXa
barreiros segue apostando polo fomento do emprego de persoas con discapacidade mediante a sinatura dun convenio coa fundación inserta
barreiros emprego fundacion inserta
14 Dec 2022

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida e a coordinadora de Desenvolvemento e Xestión de Medios e directora en funcións de Inserta Emprego Galicia, Beatriz Gallego, asinaron un novo convenio para fomentar o emprego das persoas con discapacidade no municipio. 

Este acordo dá continuidade á senda de colaboración que o municipio barreirense vén mantendo coa fundación dependente do grupo ONCE, en base á que xa se teñen realizado accións formativas de inserción laboral durante este 2022. 

O novo convenio establece un marco de colaboración entre ambas entidades mediante a que se deseñará e executarán acción específicas, especialmente para a xente moza, coa finalidade de impulsar a incorporación ao mercado laboral. As acción prevén tamén a comunicación con empresas da zona para fomentar a contratación destas persoas e facilitar o emprego de calidade. 

A alcaldesa, afirmou que “esta sinatura vén a ratificar o compromiso do Concello de Barreiros, con independenza das súas capacidades, para que poidan desenvolverse e asentarse no noso municipio.” Tamén puxo en valor “a colaboración con entidades que traballan no ámbito das persoas con capacidades diferentes para que en municipios pequenos coma Barreiros poidamos desenvolver este tipo de servizos que melloran a calidade de vida das veciñas e veciños.”

Neste sentido, a concelleira de servizos tamén presente no acto de sinatura, Carmen Veiga, quixo mostrar o seu agradecemento á Fundación Inserta por pensar nos concellos máis pequenos e amosou a total disposición do goberno municipal para continuar coa senda de colaboración iniciada. 

Pola súa parte, Beatriz Gallego, considerou esta sinatura como un “paso adiante na atención a este colectivo ao ser os concellos os que mellor coñecen as necesidades dos cidadáns, ao ser a institución máis próxima a eles.” Polo que 

Gallego manifestou tamén que se trata de sumar esforzos e compartir recursos que se traducirá na mellora da empregabilidade das persoas con discapacidade en Barreiros.”

Este convenio enmárcase nos programas operativos de Inclusión Social e da Economía Social (Poises) e de Emprego Xuvenil (POEJ), que está desenvolvendo a Fundación ONCE a través de Inserta co cofinanzamento del Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, para incrementar a formación e o emprego das persoas con discapacidade.

0.19167304039001