Barreiros amplía os campamentos de verán

AMariñaXa
O Concello de Barreiros organiza un ano máis os campamentos de verán como medida para favorecer a conciliación familiar
conciliacion_imaxe_recurso
Imaxe de arquivo
30 Maio 2024

O Concello de Barreiros organiza un ano máis os campamentos de verán como medida para favorecer a conciliación familiar. Como novidades, amplían a duración dos mesmos engadindo a última semana de xuño co programa +Conceilia xuño e a primeira semana de setembro co programa +Conceilia setembro.

O prazo de inscrición xa está aberto ata o 7 de xuño. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro xeral do Concello de Barreiros. Tamén poderán presentarse a través da sede electrónica municipal e tamén se poderán remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015 segundo o establecido nas bases.

0.071080923080444