Barreiros aforrou case 5.800 euros co cambio na organización del Entroido
O Concello de Barreiros comunicou que conseguiu aforrar case 5.800 euros nos gastos do Entroido debido a que modificaron a organización que había en anos anteriores.
Tras os axustes na organización que se realizaron co fin de reducir custos, o resultado final que asumiu o Concello foi de 1.675,04 euros, reducíndose con respecto ao ano anterior en 5.743,26 euros, ao lograr financiar a maior parte dos gastos cos ingresos recadados.
Dentro destas modificación as máis importantes son os ingresos, xa que este ano fíxose unha cea e coa venda de entradas recadáronse 5.695 euros, ademais de 890 recibidos polos establecementos da zona en concepto de colaboración.
Para o Entroido infantil gastaronse 590,24 euros fronte aos 1.323 do ano anterior, xa que a actuación costou 544,50 euros, é dicir, 303 euros menos que no ano anterior, e todo isto incluindo gominolas, unha chocolatada e uns talleres que suman 45,74 euros.
No desfile e a cea de Entroido gastáronse 7.669,80 euros repartidos en 1.310 euros en premios, 4.837,80 na cea para 386 persoas, 863,94 na iluminación do desfile, 354,88 na música, 208,73 en publicidade, 70,75 en decoración e 36,05 euros en outros conceptos.