Barreiros acolle unha xornada de formación de familias na que explicará o uso de móbil nos nenos

AMariñaXa
Barreiros acolle unha xornada de Formación de Familias na que explicará diferentes puntos a ter en conta sobre o uso de móbiles
Centro sociocultural Barreiros Manuel Diaz Sanpedro 1
28 Mar 2023

A Asociación de Nais e Pais de Nenos/as con Discapacidade da Mariña de Lugo, Apned, organiza en colaboración co Concello de Barreiros unha xornada de formación de familias.

Nela explicaranse diferentes puntos a ter en conta á hora de decidir se é o momento correcto de ofrecerlle un móbil aos cativos e de como acompañar ás crianzas para que fagan un uso responsable do mesmo.

Esta charla será o venres 31 de marzo ás 17.00 horas no centro sociocultural. E é unha actividade gratuíta.

0.075207948684692